COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Para hoxe unha de números.
Unha cousa que nos soe costar moito a todos, en xeral (ainda que os maiores xa non o lembramos) e a composición dos números. Atopámonos con rapaces que cando lle damos monenas de euros (por exemplo) e lles pedimos 11 collen dúas monendas de 1€.
Esta actividade facémola no cole:
Estas imáxenes están collidas en: http://laeduteca.blogspot.com/2014/11/club-de-ideas-5-ideas-para-trabajar.html
Como vedes non é dificil de facer. Se non tedes folios ou cartulinas de cores, podedes facelas en folios brancos e escribir as cantidades en distintas cores. Recortar e unha actividade de coordinación moi importante.
Para os máis pequenos con facer de unidades e de decenas é suficiente. A medida que os nenos sexan maiores engadimos centenas...
Trátase de compoñer e descompoñer números. Facer un par deles cada día pode axudar moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario