sábado, 4 de marzo de 2023

Estimulación da linguaxe oral


Nos últimos anos estamos detectando dificultades na linguaxe oral das nenas e nenos que chegan ao cole, polo que é clave levar a cabo unha intervención preventiva neste seo co fin de evitar máis dificultades.

É por isto que vos achegamos este dossier elaborado por AGMAL (Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe) onde atoparedes os fitos da linguaxe que deberían ter adquiridos as crianzas desde os dous aos seis anos, así como pautas que vos poden axudar a fomentar a estimulación da linguaxe oral.

Agardamos que sexa do voso interese e que os poidades aplicar nas vosas rutinas diarias, para calquera dúbida podedes dirixirvos ao Departamento de Orientación do cole.