jueves, 30 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Para hoxe vou deixar aquí una actividade para o recoñecemento de emocións. Espero que vos guste!
Esta imaxe está collida en: https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles-aprender-emociones/

Como vede é moi sinxela. So precisades folios. Se tendes encuadernadores ben, senón pódese facer sen nada.
Hay que facer a cara (un círculo branco), os ollos, o nariz, as cellas e a boca. Se non tedes folios de cores pódense pintar. Pódense adornar tanto como se queira.
Trátase de ir movendo todas as partes de forma que quede o xesto que buscamos. 
É importante falar sobre cada unha das caras que se poñan: Como está?, por que crees que se pode sentir así?, como te sintes ti cuando estás así?, por que?

Boa fin de semana.
Vémonos o luns con máis cousiñas que podedes facer na casa, se queredes.

miércoles, 29 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA

Bo día!
Hoxe vai de cores e palabras.


Podedes escribir nun folio as palabras de cores, e logo intentar dicir a cor de cada palabra...se queredes podedes poñer máis palabras, ou comezar con menos e ir ampliando.
A ver quen o fai máis rápido!
BO DÍA,
LEVAMOS XA 10 DÍAS CON PROPOSTA DE COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA. ESPERO QUE VOS ESTEAN A SER ÚTILES. 
MOITO ÁNIMO PARA TODAS E TODOS! 
BÓTOVOS MOITO DE MENOS. VOLVEREMOS A ESTAR TODOS XUNTOS...PERO MENTRAS, A SEGUIR APRENDENDO MOITO E SOBRE TODO, A SEGUIR XOGANDO.

martes, 28 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA

Para hoxe unha de números.
Unha cousa que nos soe costar moito a todos, en xeral (ainda que os maiores xa non o lembramos) e a composición dos números. Atopámonos con rapaces que cando lle damos monenas de euros (por exemplo) e lles pedimos 11 collen dúas monendas de 1€.

Esta actividade facémola no cole:

















Estas imáxenes están collidas en: http://laeduteca.blogspot.com/2014/11/club-de-ideas-5-ideas-para-trabajar.html

Como vedes non é dificil de facer. Se non tedes folios ou cartulinas de cores, podedes facelas en folios brancos e escribir as cantidades en distintas cores. Recortar e unha actividade de coordinación moi importante. 
Para os máis pequenos con facer de unidades e de decenas é suficiente. A medida que os nenos sexan maiores engadimos centenas...

Trátase de compoñer e descompoñer números. Facer un par deles cada día pode axudar moito!


lunes, 27 de abril de 2020

A XOANIÑA
Desde aquí tamñen queremos facernos eco do noso concurso máis emblemático.


Non deixedes de participar!
COUSIÑAS PARA FACER NA CASA.
Bo día a todas e todos! 
Hoxe toca o cálculo:
Nesa páxina ven descrito paso a paso o xogo.

Trátase de elaborar un taboleiro, para o que teremos que facer unha serie de cores (2, 4, 6...se o queredes facer máis sinxelo ou máis complicado). Podedes facer tarxetas de dúas, tres ou 4 operacións (sumas, restas, multiplicacións, divisións, fraccións, decimais... tamén aquí depende da complexidade que busquedes). Cada operación irá dunha cor para ir avanzando no taboleiro por cores.
As taboas da dereita non teñen porque aparecer, é unha forma de ir contando puntos.

Espero que vos resulte divertido!


viernes, 24 de abril de 2020

COUSIÑAS PARA FACER NA CASA
Fedellando na rede atopei esta actividade, que ademáis de divertida pareceume moi interesante.


Non é complicada, e vós podedes facela máis sinxela e ir engadindo cinta (ou papel de baño) según vexades.
Na páxina sinalada arriba podedes ver un vídeo que vos pode axudar a facelo.
Espero que vos divirtades! E de paso ir gañando un pouquiño de coordinación, de resolución de problemas, destreza motriz...

jueves, 23 de abril de 2020

COUSIÑAS PARA FACER NA CASA
Seguro que se vos ocurren un montón de cousas para facer na casa. Aquí vos deixo outra idea atopada pola rede.
Esta vez é un MEMORY, útil para traballar a atención e a memoria.

É sinxelo de facer. Precisades un número par de tapóns. Na parte de dentro podedes poñer pegatinas, se tendes, ou facer debuxos e logo pegalos. Lembrade que ten que haber dous de cada. Logo dáselle a volta, reméxense... e a xogar!

miércoles, 22 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA

Bo día!
Hoxe vamos xogar con sombras, se o tempo o permite, e senón usamos unha lápada.


Como vedes, trátase de debuxar a sombra das figuriña. Preferiblemente de unha en unha, e así podedes crear un albume día a día.
Podedes empregar as que máis lle gusten ás nenas e aos nenos. So precisades un folio e un lápis. Tamén unha fonte de luz.E pinturas para que as coloreen como desexen, tratando de non sairse do contorno da figura.
Non é tan doado como parece!

martes, 21 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA

Aquí vamos de novo con outra proposta para facer na casa...

Hoxe toca o autobús das letras:
Está sacado de https://www.littlefamilyfun.com/2013/08/school-bus-spelling.html, ahí está explicado como montalo paso a paso.

Como vedes é moi doado de facer. Con dúas cartulinas ou folios. Facemos un autobús con 5 ventás e pegámolo sobre o outro folio. Facémoslle as rodas e se queremos as ventás, senón poden quedar en branco. A decoración deixámola á imaxinación.
Logo facemos letras para formar palabras dun máximo de 5 letras (se queredes máis longas, xa xabedes, máis fiestras). Pódese facer máis doado ou máis complicado:

  • Poñemos a palabra debaixo, e que eles busquen as letras.
  • Poñemos un debuxo debaixo e que eles busquen as letras para formar a palabras.
  • Poñemos o debuxo e que eles busquen as letras e a palabra.
  • Que eles formen palabras coas letras, busquen a palabra e peguen o debuxo.

Da para moito!

lunes, 20 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Espero que o fin de semana vos dera para descansar e divertirvos.

Vamos a seguir xogando e aprendendo.


Esta imaxe está collida en:


Como podedes ver e fácil de facer. So precisamos un cartón, unhas pinzas e témperas ou cores. E listo! 
Podemos facelo en castelán, galego ou inglés. 
Hai variantes, en vez de cores podemos facelo con números, con letras...incluso poñer debuxos na roda e a palabra na pinza...
O de abrir e pechar a pinza é un exercicio moi importante para mellorar a prensión. Tamén traballamos a relación e a coordinación.

viernes, 17 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA

A ver que atopamos para hoxe...

Que vos parece un pouco de coordinación man-pé?



Podemos facer os debuxos dos nosos pés e máns e colocalos como vos pete. Podedes atopar exemplos en moitas páxinas. Este pertence a 


jueves, 16 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA


Fuchicando por ahí atopei este xogo. Pede resultar axeitado para traballar a coordinación e a vez os números. 




Atopeino no seguinte enlace:





Como vedes, so precisades unha caixa de cartón, rolos de baño, pegamento, un rotulador e unha pelotiña. E podédelo adornar tan bonito como vos pete!

Se o facedes, non vos esquezades de mandar unha foto ou un vídeo!

miércoles, 15 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Neste blog vanse a ir poñendo cousiñas que podedes ir facendo na casa para non deixar de traballar esas destrezas que nos axudan a ir mellorando día a día.
Motias veces serán xogos, como este...


Non é moi complicado de facer...espero, e costruilo tamén é parte do xogo.
So precisades tubos de papel de cociña ou de baño, vasos de plástico ou papel, se tedes, cinta adhesiva, pompóns ou canicas ou boliñas de papel. 

Hai moitos deseños diferentes, podedes atopalos en moitas páxinas web como:



Se alguén se anima a facelo podedes mandalos ao correo do cole ou de librincios e subirémolos aquí.
Ánimo!