lunes, 27 de abril de 2020

COUSIÑAS PARA FACER NA CASA.
Bo día a todas e todos! 
Hoxe toca o cálculo:
Nesa páxina ven descrito paso a paso o xogo.

Trátase de elaborar un taboleiro, para o que teremos que facer unha serie de cores (2, 4, 6...se o queredes facer máis sinxelo ou máis complicado). Podedes facer tarxetas de dúas, tres ou 4 operacións (sumas, restas, multiplicacións, divisións, fraccións, decimais... tamén aquí depende da complexidade que busquedes). Cada operación irá dunha cor para ir avanzando no taboleiro por cores.
As taboas da dereita non teñen porque aparecer, é unha forma de ir contando puntos.

Espero que vos resulte divertido!


No hay comentarios:

Publicar un comentario