domingo, 11 de abril de 2021

   ENTERNANDO DO MÚSCULO OCULAR

Que parado teño esto, verdade? Pero non me esquezo de vós!

Aquí vos deixo esto que atopei buscando cousiñas que podemos facer na casa. Pareceume moi interesante eso de entrenar o músculo ocular para axudarnos na lectura. O vídeo enterio dura un pouco máis de catro minutos, pero podemos empezar pouquiño a pouco.

ENTRENANDO OS OLLOS!


Este vídeo foi publicado por Orientación Andujar, en xuño do 2016

martes, 27 de octubre de 2020

 BEN VID@S DE NOVO AO BLOG DA AULA DE APOIO

Xa estamos de volta...bueno fai xa un mes e 16 días que estamos de volta!

Este vai ser un curso raro, así, con máscaras, con xel hidroalcólico, lavando as más de cotío, desinfectando as cousas, mantendo distancias, sen mesturarnos demasiado...pero xuntos de novo!

Desde este rinconciño da rede seguiremos en contacto. De vez en cando haberá publicacións novas, cousiñas que podemos facer na casa e que se irán notando se lles poñemos ilusión.

Boa sorte a tod@s!

jueves, 18 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Parece que por fin se anima a chegar o bo tempo...xa sei que vos dixen que non había máis tarefas...pero non puden resistirme a outra máis...
Collede todos os papeles que tedes por aí tirados, os estragados, os que tivéchedes que borrar moitas veces, os anaquiños que vos sobraron de recortar...todo eso que ibades tirar e...











...rasgádeos en anaquiños pequenos...máis pequenos, veña!



Cando teñades un bo puñado...

Escollede a algúen que esté despistado (coidado que non esté a facer nada perigoso como cociñar) e botádello por riba!
Ollo que logo teredes que varrer...
pero seguro que antes vos rides un montón!!