martes, 27 de octubre de 2020

 BEN VID@S DE NOVO AO BLOG DA AULA DE APOIO

Xa estamos de volta...bueno fai xa un mes e 16 días que estamos de volta!

Este vai ser un curso raro, así, con máscaras, con xel hidroalcólico, lavando as más de cotío, desinfectando as cousas, mantendo distancias, sen mesturarnos demasiado...pero xuntos de novo!

Desde este rinconciño da rede seguiremos en contacto. De vez en cando haberá publicacións novas, cousiñas que podemos facer na casa e que se irán notando se lles poñemos ilusión.

Boa sorte a tod@s!

jueves, 18 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Parece que por fin se anima a chegar o bo tempo...xa sei que vos dixen que non había máis tarefas...pero non puden resistirme a outra máis...
Collede todos os papeles que tedes por aí tirados, os estragados, os que tivéchedes que borrar moitas veces, os anaquiños que vos sobraron de recortar...todo eso que ibades tirar e...











...rasgádeos en anaquiños pequenos...máis pequenos, veña!



Cando teñades un bo puñado...

Escollede a algúen que esté despistado (coidado que non esté a facer nada perigoso como cociñar) e botádello por riba!
Ollo que logo teredes que varrer...
pero seguro que antes vos rides un montón!!

martes, 16 de junio de 2020

BO DÍA A TODAS E TODOS!
IMOS XA DE RETIRADA, EN TRES DÍAS FIN DE CURSO!
NON VOS VOU A POÑER NOVAS TAREFAS PORQUE TEDES UN MONTÓN DE COUSIÑAS QUE PODEDES FACER NA CASA, E SEGURO QUE NON VOS DEU PARA FACELAS TODAS.
ATA O VENRES  SEGUIREMOS POR AQUÍ E FAREIVOS ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN E OBSERVACIÓNS...DE FEITO, AQUÍ VAI A OBSERVACIÓN DE HOXE...

FIXÉCHEDES UN GRAN TRABALLO! NORABOA A TODAS E TODOS!

lunes, 15 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo días! Esta é a derradeira semana de curso e tamén da primavera!
Estamos nos días máis longos do ano, aínda que están un pouco nubrados de máis.
Que tal si facemos un collage de verán a ver si se anima a sair o sol e quentar un pouquiño!
Precisamos papel de cores, fotos de revistas vellas, folletos...onde atopemos cores, pegamento e un folio en branco.
Primeiro temos que pansar que queremos crear. Logo rasgamos os papeles, non os cortamos con tesoiras, e facemos anaquiños pequenos.

E ao final os imos pegando ata encher todo o folio. Podemos facer o debuxo a lapis no folio para que logo nos sexa máis facil pegar os anaquiños no seu sitio.
Encantaríame ver como vos queda!

viernes, 12 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Chegou o venres!
Hoxe imos facer un traballiño de lateralidade...

Precisamos platos de papel, se non temos podemos sustituilos por cartulinas ou folios (non temos porque facelos redondos) e folios de cores, ou tamén os podedes pintar. Facemos siluetas da nosas mans, dereita e esquerda, e as recortamos. Polo menos facemos de 3 cores diferentes. Logo pegámolas na base.
Cando as teñamos todas feitas podemos:
  • Xuntalas por cores
  • Xuntar as dereitas
  • Xuntar as esquerdas
  • Revolvelas todas e escoller dereitas-esquerdas
  • Facer combinacións de cores...

jueves, 11 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Xa estamos a xoves, non queda nada para rematar o curso...
E mentras agardamos por elo, que tal se facemos máis xogos?
O de hoxe é moi sinxelo;
Trátase de facer tarxetas todas do mesmo tamaño para escribir palabras nelas. Despois cortámolas pola metade e revolvémolas todas. A que xa te imaxinas que terás que facer?

miércoles, 10 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Que tal se hoxe nos montamos un futbolín?
É máis doado do que pensades e podedes pasalo tan ben facendoo como xogando logo con el.
No enlace anterior explícanvos como facelo.
So precisades unha caixa de cartón, das dos zapatos, palillos para brochetas, pinzas (canto tempo!), plastilina ou cinta adhesiva e papel para adornalo e poñelo bonito...ah, si...e unha pelotiña!
Precisaredes axuda para facer os buratos!


martes, 9 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Hoxe imos facer circuliños de cores en lugar dos cadradiños de onte.
Imaxen collida en: https://juegos9.rockthefashions.com/a-arte-de-ensinar-e-aprender-jogo-pedagogico-percepcao-visual-cores/
Precisamos papeles de cores, unha cartuliña grande (ou un cartón), tixeira, pegamento e pauciños de xeado uo depresores.
Pegamos os circuliños na cartulina, e logo de tres en tres nos pauciños. Temos que ter coidadiño de pegalos a distancia axeitada (segundo os pauciños que empreguemos).
Trátase de atopar os puntiños iguas no tabloleiro. Pode ser en horizontal ou vertical.

lunes, 8 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Hoxe un traballiño moi visual...
É moi faciliño de facer. Necesitas folios de colores, tixeiras e pegamento. Fas cadradiños de papel. Todos do mesmo tamaño. As cores pódense repetir, pero intentando que vaian variando a posición no tabloeiro. Logo, para facer as fichas, tedes que facer cadrados do mesmo tamaño dos do tabloleiro, pero con catro cores diferentes.
Si non tes folios de colores podes facelo coloreando. Ou con esos trozos de papel de regalo que nos van sobrando.
Así terás un divertido xogo para traballar a atención e a coordinación visual.
No seguinte enlace podedes ver como xogar.

viernes, 5 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Feliz día mundial do Medio Ambiente!
Que tal se hoxe facemos un sementeiro na casa? E tamén podemos colgar un comedeiro para paxaros. Apetécevos?
Son máis sinxelos do que pendades.
Para o semilleiro so precisamos tubos de cartos do papel hixiénico, tixeiras, terra e sementes.
Para o comedeiro de aves necesitamos un brick de leite ou de zume grande (1L.), unha palliña, témperas, adornos como botóns, pedriñas, pegatinas... e cordel para colgalo dunha árbore...ah, e nos esquezades poñer dentro un puñadiño de sementes para que coman!

jueves, 4 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Hoxe a cousa é un pouquiña máis complicada. Trátase de facer un Libro de traballo para a resolución de problemas. So precisades cartulina, rotuladores, tixeiras, un pouco de velcro e se non tedes un pau de madeira (depresor ou pau de xeado) podedes usar unha cartulina tamén. 
Aquí vos deixo o enlace ao vídeo que vai explicando os pasos (collido de https://www.pinterest.es/pin/331999803778243807/)

miércoles, 3 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Canto tempo fai que non usamos pinzas? 

Temos que facer fichas de este tipo. Pódennos axudar. Necesitamos un debuxo e escribir 2, 3 ou 4 nomes, según o difícil que queramos facelo. Cando estén rematadas as ficchas, teremos que sinalar o nome correcto cunha pinza, como no exemplo.

Se podedes imprimir as tarxetas, tédelas no enlace de arriba. Pero facelas é máis divertido!

martes, 2 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo días nenas e nenos!
Hoxe imos cazar palabras.
Temos que facer tarxetas de sílabas, como as que vedes na imaxen. Poden ser en blanco e negro e colorealas vós ou, senón, empregar folicos de colores. Un dos xogadores di unha plabra (das que se podan formar con esas sílabas) e o outro xogador cazará as sílabas. Podedes pegar as sílabas cun pouquiño de papel celo á mesa, para que non voen ao cazalas! 

lunes, 1 de junio de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Hoxe a cousa vai de estrelas!
Imaxen collida en: http://www.clubpequeslectores.com/2018/02/libros-cuentos-actividades-espacio-universo-planetas.html

Precisamos un bote grande, unha cartulina negra, un punzón e unha lapadiña ou lanterna. Escollemos as nosas constelacións favoritas e dibuxámolas na cartulina. Logo perforamos as estrelas. Metemos a cartulina dentro do bote e poñémoslle dentro unha luz. 
Nun cuarto as oscuras poderemos contemplar as estrelas! 

viernes, 29 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA.
Ola! Xa estamos a venres, o último do mes de maio.
Agora que chega o verán, que tal se imos preparando un bonito abanico!
Nesta páxina podedes ver todo o proceso. So precisades papel, un par de pauciños de xeado e pegamento (podedes empregar silicona quente ou cinta adhesiva de dobre cara. O papel pode ser de cores o adornalo ao voso gusto. O máis complicado é pregar ben o papel, intentando que sexa sempre na mesma medida.





jueves, 28 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Ola a todas e todos!
Que tal se hoxe construimos unha pista para as nosas bólas?
Que vos parece esta? É sinxéla. So precisades tubos de cartón (de papel de baño ou de papel de cociña. Facerlle uns buratos onde poñer as rampas, e cortar algúns tubos ao longo. Logo pintádeos como máis vos guste!

miércoles, 27 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo días!
Canto tempo fai que non xogamos con pinzas?
Pois veña, veñamos que tal con isto...
Trátase de facer series e colgalas no tendal...con cores, números, letras...o que se vos ocurra!

martes, 26 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día rapazas e rapaces!
Qué tal ides levando a semana?
Hoxe propóñovos a árbore das estacións...queda moi bonita, se vos animades a facela...
Tedes que adornar 4 árbores iguais coas características de cada estación.
Tes que coller catro folios, doblalos a metade e recortar a forma da árbore. Logo adornalos ao teu gusto e poñer debaixo o nome da estación, podes escoller o galego, o castelán ou o inglés do exemplo.
A que quedan moi bonitas? 

lunes, 25 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Comezamos a última semana do mes de maio. Preparados para seguir aprendendo cos xogos que vos propoñemos?
Imaxen collida en: https://www.fantasticfunandlearning.com/flower-petal-addition-activity-2.html
Seguimos con flores. Esta vez para facer sumas. No centro poñemos o número que queremos conseguir e nos pétalos todas as sumas que se nos ocurrar para conseguir ese número.
Intentámolo?

viernes, 22 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
E para rematar a semana...que tal se facemos un teatrillo con culleres de pau?
Imaxen collida de: https://fiestasycumples.com/teatro-con-marionetas-manualidad-para-nios/

O teatrillo podemos facelo cunha caixa de cartón, precisamos unhas teas para as cortinilla e unha culleres de pau para os personaxes. Para adornalo todo imos necesitar pinturas, acuarelas, rotuladores...o que teñades a man.
Contar historias e unha actividade moi importante para desenvolver a expresión e o vocabulario, e por suposto, para traballar e expoñer as nosas emocións!

jueves, 21 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Neste rinconciño do blog da Aula de Apoio xa temos visto xogos con tapóns. É que estos pequenos obxectos tanto nos serven para facer un memory como para facer unha taboa de multiplicar. Hoxe, ademáis vannos a servir para xogar ás palabras.

Ademáis nesta páxina explícannos como facelo. Non resulta moi complicado. Precisamos cartón, pegamento, folios, tapóns e pinturas.
Se queremos complicalo un pouquiño máis, podemos escribir nos tapóns as letras en minúscula e as tarxetas en maiúscula, para que fagan o cambio.
O cartónpodédelo pintar como máis vos guste.

miércoles, 20 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Hoxe vai ser algo diferente. Non temos que fabricar nada, trátase de relaxármonos e de axudar as nosos nenas e aos nosos nenos a facelo.
Déixovos o enlace a unhas lecturas moi sinxeliñas collidas da web de "El sonido de la hierba al crecer"
Son exercicios de contracción-extensión dos músculos. Podemos buscar momentos para facelos ou poñelos en práctica se notamos que o nenos están moi nerviosos.

martes, 19 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Hoxe imos traballar un pouquiño a atención, a paciencia e a autonomía. É unha actividade moi sinxela.
Nun bol mesturamos, por exemplo, lentellas e garavanzos(non teñen que ser moitos). Poñemos dúas tazas e vamos separando unhas das outras.
Ollo! Se os nenos son pequenos temos que empregar outras cousas máis grandes, como pezas de lego, por exemplo. Porque do que se trata é de que o fagan eles solos, sen estarmos pendientes todo o rato. Cando rematen poden avisarvos ou deixalo para que o vexades noutro momento.


viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Xunta de Galicia ven de publicar unha revista sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Nesa revistas, Descubrindo Carvalho Calero, divulga unha biografía do autor con pictos.
Déixovola aquí.



COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
E xa estamos a venres de novo. E para o último día da semana escolar escollín outro memori. Xa sei que xa fixemos algún, pero este é tan primaveral...
Este está feito con goma eva, pero se non tedes xa sabedes que podedes usar folios de cores, cartulinas ou folios brancos e pintalos ao voso gusto. Hai que facer dúas de cada para ter parellas. Logo pegádes as fotos en cadradiños de igual tamaño e todos da mesma cor. Poñédelos coas flores para baixo, revolvedes e... a xogar! 

jueves, 14 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Vamos coa proposta de hoxe.


Tedes que debuxar formas: cadrados, rectángulos, círculos, triángulos...Podedes facelas en folios de direntes cores, goma eva, cartulina...ou folios brancos e pintalas.
Unha vez debuxadas tedes que recortalas, con coidadiño para que queden ben. 
Unha vez que as teñades todas podedes facer figuras con elas...
Vexamos cantas vos saen!

miércoles, 13 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día e benvidos un día máis a este rinconciño da web!
Hoxe imos seguir insistindo nas pinzas de colgar a roupa. Se non temos das pequenas de manualidades podemos empregar as de todos os días.

Temos que debuxar as prendas en folios ou cartulinas. Para facer as series podemos diferencialas por cores, números, letras...podemos combinar maiúsculas e minúsculas...O que se vos ocurra!

martes, 12 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Imos seguir traballando a motricidade fina, esta vez con palillos:

Imaxen collida de: https://www.imageneseducativas.com/actividades-manipulativas-para-mejorar-destrezas-y-desarrollar-la-motricidad-fina/

Como podedes ver so precisamos unha bandexiña de poliestireno e uns palillos. Se dibuxamos figuras planas: cadrado, triángulo, rectángulo, círculo...ademáis de ir traballando a motricidade tamén entrenaremos no recoñecemento destas figuras.
Espero que vos guste esta tarefa!

lunes, 11 de mayo de 2020

COISIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Para hoxe unha de contas:
Imaxen collida en: https://www.imageneseducativas.com/actividades-manipulativas-para-mejorar-destrezas-y-desarrollar-la-motricidad-fina/

Como vedes as pinzas dan moito xogo.
Poñemos un número en cada pinza, e no depresor o signo da operación e o de igual. Se non tedes depresores podedes empregar folios, cartulinas...
Espero que o pasedes ben!

viernes, 8 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Xa estamos a venres!
Para hoxe atopei unha de títeres. Que tal si facemos uns títeres con pinzas da roupa? Son moi faciliños, veredes...

So precisades unha pinza, papel e un pouquiño de la ou algodón...o o que se vos ocurra...
Para facer a cara do monicreque debuxades un ovo e adornádelo como queirades.
Podedes facer dous...máis se estades animados, e podedes facer unha pequena representación...encantaríame velas!