COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Aquí vamos de novo con outra proposta para facer na casa...
Hoxe toca o autobús das letras:
Está sacado de https://www.littlefamilyfun.com/2013/08/school-bus-spelling.html, ahí está explicado como montalo paso a paso.
Como vedes é moi doado de facer. Con dúas cartulinas ou folios. Facemos un autobús con 5 ventás e pegámolo sobre o outro folio. Facémoslle as rodas e se queremos as ventás, senón poden quedar en branco. A decoración deixámola á imaxinación.
Logo facemos letras para formar palabras dun máximo de 5 letras (se queredes máis longas, xa xabedes, máis fiestras). Pódese facer máis doado ou máis complicado:
- Poñemos a palabra debaixo, e que eles busquen as letras.
- Poñemos un debuxo debaixo e que eles busquen as letras para formar a palabras.
- Poñemos o debuxo e que eles busquen as letras e a palabra.
- Que eles formen palabras coas letras, busquen a palabra e peguen o debuxo.
Da para moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario