COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
E xa estamos a venres de novo. E para o último día da semana escolar escollín outro memori. Xa sei que xa fixemos algún, pero este é tan primaveral...
Foto collida en: https://fixokids.com/juegos-memoria-para-ninos/
Este está feito con goma eva, pero se non tedes xa sabedes que podedes usar folios de cores, cartulinas ou folios brancos e pintalos ao voso gusto. Hai que facer dúas de cada para ter parellas. Logo pegádes as fotos en cadradiños de igual tamaño e todos da mesma cor. Poñédelos coas flores para baixo, revolvedes e... a xogar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario