COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!Comezamos o mes de maio e seguimos a buscar xogos que podemos facer na casa.
O de hoxe é algo así como o de "Cada ovella coa súa parella"
Imaxen collida de https://www.picuki.com/media/2150034809720840449
Trátase de facer debuxos, os que se vos ocurran, colorealos ben e cortalos pola metade. Logo revolvemolos e tratamos de emparexarlos.
Tamén podemos usar fotos que teñamos de fichas vellas ou libros estragados.
Podemos complicalo:
- facendo frases con cada debuxo;
- frases con dous debuxos dispares;
- clasificandoos en diferentes grupos...
Espero que vos divirtades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario