jueves, 7 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Para hoxe un pouquiño de xeografía.
Buscando cousiñas que se poden facer na casa, atopei esta actividade que nos pode axudar a nos situar no mundo, desde o máis cercano a nós ata o máis grande.
O exemplo está en inglés, que os máis maiores tamén poden facer, pero para os máis peques podemos facelo en galego ou castelán.

Podemos facer ata 9 círculos, máis ou menos concéntricos, de máis pequeno a máis grande.
1º A miña casa.
2º A miña calle.
3º O meu pobo.
4º O meu concello.
5º A miña provincia.
6º A miña comunidade autónoma.
7º O meu país.
8º O meu continente.
9º O meu planeta.

miércoles, 6 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos.
Para a actividade de hoxe non precisamos fabricar nada, xa temos de todo. Trátase de prácticar cos peches da roupa: botóns, cremalleiras, velcros, clip...e o máis difícil, cordóns.
Son habilidades imprescindibles para a vida cotiá e que nos axudará coa motricidade fina un montón.
Se estades creativos podedes chegar a montar un puzzle de abroches como os que hai por internet...ainda que requiren de agulla e fio, así que precisaremos de un maior que nos axude.

martes, 5 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Aquí vai outra de táboas de multiplicar...xa sei que non nos gustan nadiña!
Foto collida de:https://madreshoy.com/4-juegos-didacticos-diy-para-hacer-con-ninos/
Foto collida de: https://por4pavos.com/juegos-sencillos-para-hacer-con-ninos/

Precisades de tapóns e da rosca das botellas ou os botes de zume. Folios para escribir as táboas. Rotuladores para escribir os resultados nos tapóns. Hai que asegurarse que que o tapón é da rosca adecuada, se as pegamos mal logo non as daremos enroscado. Se as botellas son iguais non importa.

Esta actividades dávos para varios días. Ánimo!

lunes, 4 de mayo de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día!
Comezamos o mes de maio e seguimos a buscar xogos que podemos facer na casa.
O de hoxe é algo así como o de "Cada ovella coa súa parella"
Imaxen collida de https://www.picuki.com/media/2150034809720840449

Trátase de facer debuxos, os que se vos ocurran, colorealos ben e cortalos pola metade. Logo revolvemolos e tratamos de emparexarlos.
Tamén podemos usar fotos que teñamos de fichas vellas ou libros estragados.
Podemos complicalo:

  • facendo frases con cada debuxo;
  • frases con dous debuxos dispares;
  • clasificandoos en diferentes grupos...

Espero que vos divirtades!

jueves, 30 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA
Bo día a todas e todos!
Para hoxe vou deixar aquí una actividade para o recoñecemento de emocións. Espero que vos guste!
Esta imaxe está collida en: https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles-aprender-emociones/

Como vede é moi sinxela. So precisades folios. Se tendes encuadernadores ben, senón pódese facer sen nada.
Hay que facer a cara (un círculo branco), os ollos, o nariz, as cellas e a boca. Se non tedes folios de cores pódense pintar. Pódense adornar tanto como se queira.
Trátase de ir movendo todas as partes de forma que quede o xesto que buscamos. 
É importante falar sobre cada unha das caras que se poñan: Como está?, por que crees que se pode sentir así?, como te sintes ti cuando estás así?, por que?

Boa fin de semana.
Vémonos o luns con máis cousiñas que podedes facer na casa, se queredes.

miércoles, 29 de abril de 2020

COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA

Bo día!
Hoxe vai de cores e palabras.


Podedes escribir nun folio as palabras de cores, e logo intentar dicir a cor de cada palabra...se queredes podedes poñer máis palabras, ou comezar con menos e ir ampliando.
A ver quen o fai máis rápido!
BO DÍA,
LEVAMOS XA 10 DÍAS CON PROPOSTA DE COUSIÑAS QUE PODEMOS FACER NA CASA. ESPERO QUE VOS ESTEAN A SER ÚTILES. 
MOITO ÁNIMO PARA TODAS E TODOS! 
BÓTOVOS MOITO DE MENOS. VOLVEREMOS A ESTAR TODOS XUNTOS...PERO MENTRAS, A SEGUIR APRENDENDO MOITO E SOBRE TODO, A SEGUIR XOGANDO.